FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.
CONVOCATORIA
DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E
MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2023/24
Convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio), pola que se
regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan
axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación
especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar
2023/24
Prazo:
Do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos Non se admiten
solicitudes fóra de prazo.
Solicitudes:
· Presencialmente no centro onde cursará
estudos no 2023/2024, solicitude (Anexo I), Anexo II (debidamente asinados) e
documentación. (Enlace
a Anexo I e Anexo II)
· Realizar a solicitude na aplicación
FONDOLIBROS, (Enlace á
aplicación) e posteriormente presentala:
1. Presentación no centro ( imprimirán a solicitude e o anexo II
e presentaranos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación.
2. Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.(procedemento
ED330B). (Enlace á Sede Electrónica da
Xunta de Galicia)
· Solicitude, Anexo II (debidamente asinados) e
documentación complementaria que queira aportar segundo a Orde do 10 de maio de
2023:
libro de familia ou similar. De ser o caso, certificado de discapacidade e/ou
sentencia de separación.
Axudas que se conceden ao
alumnado 2022/2023:
- Ed.Infantil: non hai
axudas ao non ser unha etapa obrigatoria. - 1º e 2º Ed.Primaria: axudas
para adquirir libros de texto e material escolar. - 3º e 4º Ed.Primaria: cesión
do Fondo Solidario de libros de texto e axuda para adquirir material
escolar.
Grupos E-Dixgal:
- 5º e 6º Ed.Primaria: axuda
para adquirir material escolar. Non hai libros de texto. - ESO: axuda para adquirir material escolar. Non teñen dereito ao Fondo
Solidario de libros por ser cursos E-dixgal.