FICHA 6 DO QUÉROTE+: CULTIVANDO HABILIDADES
Realizada o 6 de xuño 2022 en 3º ESO A e B.
Visionouse a curta sobre o consentimento (ofrecer unha cunca de té). Tod@s quedaron sorprendid@s co xiro final e indicaron que entendían a metáfora, polo que non se xerou debate algún.
O alumnado sentou en círculo e solicitáronse 8 voluntarios para interpretar pequenas escenas.
@s voluntari@s representaron no centro do círculo 4 situacións relacionadas coa presión que pode un@ sufrir por parte da súa contorna de amizades ou parella.
•O voluntario nº 1 presionaba para que o/a compañeir@ fixese algo que non quería facer.
•O voluntario nº 2 respondeu ás propostas do voluntario nº 1 de forma espontánea.
O resto do grupo observou e anotou as súas impresións:
1.Que tería feito eu na mesma situación?
2.Como me faría sentir esta situación? Cómod@? Incómod@? Insegur@?
3.Cabrearíame?
4.Preocuparíame a posible reacción da outra persoa si me nego?
5.Que opinas da situación e de como reaccionou o teu compañeir@?
De entrada, ante as situacións propostas, tod@s eran conscientes – voluntari@s e espectadores - que debían resistir á presión e manter un «non». Non entanto, cando entraron no xogo @s compañeir@s espectadores, que coñecían os seus puntos fracos e presionaron incorporando á balanza información persoal, déronse conta de que a resposta «non» xa non era tan tallante e mesmo podía converterse nun «si».
Xerouse un debate durante o cal o alumnado indicou que adoita ser consciente da presión que pode sufrir para facer algo que non queren facer, pero cren que son capaces de enfrontarse a esa presión e manterse firmes na negativa. Algún alumn@ contou algunha situación real similar ás expostas. Con todo, teñen poucos recursos persoais para argumentar esa negativa : limítanse a repetir o «non», chegando ás veces a respostas agresivas cando se lles segue presionando.
O alumnado que facía o papel de «presionador» tiña máis recursos argumentativos que o que tiña que resistir a presión, o cal demostra que si coñecen ese tipo de presións e poden replicalas pero non adoitan estar expostos a respostas asertivas que lles sirvan de modelo para liquidar adecuadamente a situación.
A hora de clase é insuficiente para realizar este tipo de actividade coa profundidade que require, pero resultoulles útil para recoñecer que:
1º si, poden ser vulnerables ante a presión exercida polo seu grupo de amigos ou parella;
2º existe unha brecha entre a teoría que coñecen e levala á práctica adecuadamente;
3º necesitan aprender a ser asertivos para manter o seu criterio sen caer en discusións ou enfados.
Finalmente considero que o profesorado non adoita estar formado para levar a cabo este tipo de actividades, que debería dirixir un/a psicólog@ experto en condutas e a súa modificación.
MªPaz Rodríguez González/ Depto de Francés do CPI Cova Terreña.
Representando situacións de presión en 3º ESO B