Tarefas LGeLIT semana 16-20 marzo

Bo día a tod@s, espero que esteades moi ben e coidedes de vós mesm@s e as vosas familias seguindo as indicaciós das autoridades sanitarias.Deixo aquí as tarefas calculadas para as tres sesións -ou algo máis-, desta semana.

NOTA ACLARATORIA: o traballo da 2ªAvaliación en equipo que xa comezaran a realizar en 4ºA e aínda non comezaramos en 4B -para a súa posterior presentación oral- vese modificado debido ás actuais circunstancias. Pasa a ser un traballo INDIVIDUAL, polo que cada un debe completar as diapositivas dos catro apartados, e prescindimos das exposicións. 

As tarefas desta semana, xa que logo son dúas, que agora pasao a detallar coas instrucións correspondentes:

1. TRABALLO 2ª AVAL. As vangardas

  • As vangardas: caracterización e importancia. Respondede as seguintes cuestións: Que son, por que se chaman así, que características comúns teñen, cales sn as vangardas internacionais máis importantes e en que consisten?
  • As vangardas literarias galegas. Hilozoísmo ou Imaxinismo: características, obras e autores máis importantes.
  • As vangardas literarias galegas. Neotrobadorismo: características, obras e autores máis importantes.
  • As vangardas literarias galegas. Vangarda pura-creacionismo: características, obras e autor máis importantes.

 

Fontes: libro de texto (97-99) e buscas por internet. Déixovos aquí unha páxina con teoría e unha presentación interesante, pero podedes facer máis buscas e incluílas na webgrafía.

FORMA

A presentación debe conter, obrigatoriamente:

-unha páxina inicial co título e autoría.

-Tres diapositivas -mínimo-que ha desenvolver cada un dos catro aprtados anteriores. É obrigatorio inserir en cada diapositiva 1 imaxe, vídeo ou ligazóns a outras páxinas onde haxa cousas interesantes que axuden á presentación. Será fortemente penalizado o corta e pega!!

-Unha páxina final onde se citen as fontes consultadas (tanto bibliográficas como dixitais).

A presentación en DRIVE compartirase co meu correo: iagoclase@gmail.com

IMPORTANTE: Á marxe disto, pásovos o enlace dunha presentación onde se explica como debe ser unha presentación educativa e a súa exposición oral. O feito de que sigades eses pasos será determinante para a avaliación do traballo:

http://www.slideshare.net/a_profa/presentacins-educativas?from_search=3

2. COMENTARIO LITERARIO

Lectura do relato "O SUSO" (px 62-63) e redacción dun comentario onde trates os elemntos que conforman ese texto narrativo: historia, personaxes, espazo e tempo. Procura relacionar o espazo e o tempo na xustificación da estrutura do relato.

Procurade redactar o comentario nun documento de texto do Drive e compartilo co meu enderezo dándome permiso para editar; deste xeto recibiredes mellor s comentarios e correccións. 

 

Calquera dúbida, non deixedes de me escribir a iagoclase@gmail.com

Ánimo e saúdos

Iago

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30