10ª fase: Obradoiro creamos un mural colectivo

Aproveitando que o bo tempo chegou por fin a Baiona, os alumnos e as alumnas de 4º de ESO puxéronse esta semana mans a obra.

 Que mellor mostra hai do que pode facer o noso alumnado que un proxecto real e visible para todos e todas! A creación dun mural, no corredor do patio, no que o alumnado da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está a traballar cos distintos recursos expresivos e comunicativos que proporcionan as técnicas de Expresión Gráfico-Plástica.

 

 

O curso 2018/2019 está entrando na súa recta final e algúns dos seus proxectos comezan xa a botar o cartel de peche ata o vindeiro curso. Entre eles está o proxecto "O patio escolar" que este curso coordinou o departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. 

SEMPRE GRAZAS a todos os que estiveron implicados neste proxecto. Botareivos moito de menos. Emprender novos camiños sempre implica unha despedida ... ATA SEMPRE!

AdxuntoTamaño
CREAMOS O NOSO MURAL COLECTIVO.pdf8.66 MB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30