FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022/23
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23
Convocatoria: Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B). (Enlace á Orde no Diario Oficial de Galicia)
Prazo:
Do 19 de maio ao 22 de xuño. Non se admiten solicitudes fóra de prazo.
Solicitudes:
· Presencialmente no centro onde cursará estudos no 2022/2023, solicitude (Anexo I), Anexo II (debidamente asinados) e documentación. (Enlace a Anexo I e Anexo II)
· Realizar a solicitude na aplicación FONDOLIBROS, (Enlace á aplicación) e posteriormente presentala:
1. Presentación no centro ( imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación.
2. Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.(procedemento ED330B). (Enlace á Sede Electrónica da Xunta de Galicia)
Documentación:
· Solicitude, Anexo II (debidamente asinados) e documentación complementaria que queira aportar segundo a Orde do 29 de abril de 2022 (Enlace): libro de familia ou similar. De ser o caso, certificado de discapacidade e/ou sentencia de separación.
Axudas que se conceden ao alumnado 2022/2023:
- Ed.Infantil: non hai axudas ao non ser unha etapa obrigatoria.
- 1º e 2º Ed.Primaria: axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
- 3º e 4º Ed.Primaria: cesión do Fondo Solidario de libros de texto e axuda para adquirir material escolar.
Grupos E-Dixgal:
- 5º e 6º Ed.Primaria: axuda para adquirir material escolar. Non hai libros de texto.
- ESO: axuda para adquirir material escolar. Non teñen dereito ao Fondo Solidario de Libros. O centro pon á disposición do alumnado o Banco de libros propio para o alumnado de 2º e 4º ESO,(1º e 3º adaptaranse aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE). (Enlace)
BANCO DE LIBROS PROPIO DO CENTRO:
Para acceder ao mesmo deben realizar a petición a través do formulario de solicitude. Os fondos serán repartidos ata fin de existencias en primeiro lugar ao alumnado beneficiario da axuda de material e a seguir por rigorosa orde de solicitude a través do formulario.
Requisitos:
- Ser alumnado do centro no curso 2021/2022
- Devolver en bo estado os libros prestados.