Queridas familias.
O vindeiro 20 de marzo, xunto co Equinocio de Primaveira, celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE proclamado pola ONU no ano 2012.
Conmemórase a importancia que ten a FELICIDADE como parte integral do desenvolvemento e benestar de todos os seres humanos, e celébrase tamén a INCLUSIÓN, que todos os gobernos do mundo teñan entre as súas políticas sociais e económicas que exista unha verdadeira equidade e benestar colectivo.
A idea de este día xorde no reino de BUTÁN (Sur de Asia) no que o seu rei, cando tiña 16 anos de idade, crea o concepto de FNB (Felicidade Nacional Bruta) e propono na ONU.
O FNB é un indicador de nivel de vida e calcúlase coa baremación de nove puntos (benestar Psicolóxico, uso do tempo, vitalidade, cultura, saúde, educación, diversidade medioambiental, nivel de vida e goberno)
Os obxectivos da ONU para alcanzar a FELICIDADE son : Erradicar a pobreza, reducir ao mínimo as desigualdades no mundo e coidar e protexer o planeta.
Con todo isto xa nos queda claro a importancia da FELICIDADE, asi que ahí vos van uns consellos para alcanzala.
- Sai a dar paseos e fai deporte
- Alimenta a túa autoestima, coida a túa saúde, alimentación e imaxe.
- Agradece, disfruta e vive o presente.
- Perdoa. Aprender a perdoar aos demáis e a nos mesmos cárganos de positivismo e libéranos de preocupacións innecesarias.
E por suposto, aqui en Baiona temos moreas de sitios de privilexiada beleza que contribúen a aumentar a nosa felicidade.
Unha proposta de actividades para estos días :
- PASEO POLA SENDA FLUVIAL DE BAREDO
PREME NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO:
https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo
- PON MÚSICA, CANTA E BAILA:
PREME NESTE ENLACE PARA ESCOITALA:
https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo
- E NON PARES DE REPARTIR SORISOS.
Bicos e apertas do profesorado de Ed Infantil.