5ºA

Mosaicos

Traballando as simetrías e Al- Ándalus o alumnado fixo uns mosaicos para traballar estos dous temas.

I Olimpiada Matemática

Este curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron na I Olimpiada Matemática do C.P.I. Cernadas de Castro. Nela enfrentábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida.

calculadora humana

cifras

figuras

número secreto

peso justo

piscina de bolas

precio justo

medallas

LIBROLAND

Coñecedes LIBROLAND?

Libroland é o proxecto que aglutina todas as actividades que realizamos nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria en relación coa lectura e a creación literaria:

- Concursos literarios.

- Booktube.

- Tómbola lectora.

- Exposicións temporais e outras actividades puntuais relacionadas coa lectura e a escritura.

 

Libroland conta, ademais dun espazo físico (o taboleiro do corredor) onde se expón a información sobre as actividades que realizamos, cun espazo virtual, dentro da plataforma Agueiro. Aí é donde se publica tamén a información sobre os concursos literarios, as fotografías tomadas na nosa "Tómbola lectora" (celebrada anualmente) e outras actividades, como a nosa canle de vídeos BOOKTUBE, onde o alumnado nos fala a través de vídeos sobre os libros que máis lle gustan.

 

Podedes acceder a LIBROLAND premendo na imaxe inferior, ou senón tedes tamén un acceso permanente na columna esquerda web do centro, na sección "Os nosos blogs".

 

Visitádenos!

 

BOOKTUBE

Coñecedes o fenómeno dos "Booktubers"? Pois xa chegou ao Cernadas!

Os Booktubers son lectores insaciables. Gústalles moitísimo ler, devoran libros e máis libros pero, o que tamén lles gusta moito é... falar sobre os libros que len!

E como o fan? Pois a través de divertidos vídeos-reseña nos que nos contan o argumento do libro en cuestión, acompañándoo de comentarios, valoracións, datos curiosos e animándonos a desfrutar da súa lectura tanto como eles o fan.

Trátase dunha forma moi amena e actual de falar de libros e lectura, un hábito que está tan de moda coma o de gravar vídeos!

Se queredes ver aos nosos Booktubers de 5º e 6º en acción, podedes facelo accedendo ao noso Booktube, dentro do espazo Libroland, ou premendo na seguinte imaxe.

 

 

Dominó de polígonos

Repasamos os polígonos xogando ao dominó.


Ilustrando España

Despois de estudar a xeografía política de España, como tarefa final o alumnado por parellas tentoru representar a través de debuxos  a identidade das distintas comunidades autónomas, atendendo a súa literatura, gastronomía e folclore.



Os ángulos

Unha das actividades realizadas no tema dos ángulos foi crear un ángulo na porta da clase. 

 



Cociñamos

Como tarefa integrada do tema das unidades de medida, masa e capacidade cociñamos na clase; biscoito de iogurt e biscoito de chocolate. Velaquí unha mostra apetitosa.



Distribuir contido