5ºA |
Despois de ler unha morea de libros durante todo o curso e facer as fichas de lectura e/ou vídeo-reseñas deles, de participar nos certames literarios e incluso, algúns deles, de superar o ambicioso reto do Libropoly, o alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron enormemente da Tómbola Lectora.
|
|||
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade.
Podes ver as imaxes da exposición aquí. |
|||
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas das células animais e vexetais e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de cuarto de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca que falan sobre as células. Foi a súa primeira exposición oral ante compañeiros e compañeiras doutras clases e, aínda que estaban algo nerviosos, fixeron un traballo realmente magnífico.
Podes ver as imaxes da exposición aquí. |
|||
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron no xogo "Un libro nun tarro" na Biblioteca do colexio durante o recreo. O obxectivo consistía en adiviñar, o máis rapidamente posible, o título e o autor do libro que estaba dentro do tarro. Resultou ser unha actividade divertida na que se animaron a participar moitos dos rapaces e rapazas que cada día se achegan á Biblioteca.
|
|||
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a Xunta de Galicia e o Parlamento galego, onde coñeron de primeira man os espazos e as salas onde se debaten e toman as decisións máis importantes da nosa comunidade. |
|||
Ao longo do terceiro trimestre o alumnado fixo un proxecto vencellando a Plástica e as Linguas: facer un conto infantil. Primeiro, tiveron que investigar os elementos típicos dos contos infantís para poder elaborar o seu propio conto. Unha vez creado, tiveron que ilustrar o seu conto usando unha caixa. Cada cara da caixa era unha parte do conto. O derradeiro paso sería contarlle o conto aos máis pequenos, procurando que os entendensen e nun soporte distinto ao que están acostumados.
|
|||
Para entender o que é un metro cadarado, o alumnado construiu un metro, un metro cadrado e un decímetro cadrado. En grupos de 3, un grupo construiu o metro e outro o metro cadrado no chan; o grupo restante construiu un metro cadrado nun papel. Finalmente, todos construiron un decímetro cadrado para comprobar que nos fan falta 100 para encher un metro cadrado.
|
|||
O alumnado de 5º A fixo unha árbore xenealóxica para traballar con distintas fontes históricas. Velaquí o resultado.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »