2ºA

ESCORNABOTS.

O alumnado de segundo de primaria este curso escolar estamos inmersos nun Proxecto de Robótica. Como era algo novidoso para algúns nenos e nenas dirixir o robot ata un camiño marcado, dedicamos uns días a xogar con bichiño.

Os movementos máis complicados son os xiros e realizar unha carreira programando o robot dunha soa vez. 

Entroido

Fai uns días festexamos o Entroido, estivemos traballando nos nosos disfraces. A temática do centro elexida foron As Cilivicacións e Culturas. As aulas de 2ºA e 2ºB decantámonos polos africanos. Este foi o resultado.

Nadal

Tivemos a visita na nosa aula do Apalpador, contounos un pouquiño a súa historia e entregou a cada neno e nena un agasallo.

Excursión ao MUNCYT.

O 15 de febreiro ao alumnado de 1º e 2º de Primaria fomos o Museo Nacional da Tecnoloxía e das Ciencias da Coruña.

COCO

O día 20 de decembro fomos ao cine a ver a película animada Coco, nos multicines do centro comercial As Cancelas en Santiago de Compostela. Os nenos e nenas de segundo estiveron encantados, e gustoulle moito a longametraxe (clica aquí).

 

Experiencia cun ovo.

Na clase de ciencias da natureza fixemos un pequeno experimento de tres días. Previamente elaboramos unha folla rexistro onde prediciamos o que pensabamos que ía a ocorrer (a nosa hipótese) e logo anotabamos o que acontecía pasado un día. O primeiro paso foi encher un bote de crital con vinagre de uva. Despois introducimos o ovo.  Case de inmediato observamos dúas cousas: o ovo flotaba e estaba recuberto de burbulliñas. No segundo día, o ovo afundiuse e a cascada desapareceru.

Miniconcerto.

Tivemos a sorte que unha compañeira da nosa clase, Lena Carmona deu un pequeno concerto de frauta para os compañeiros e compañeiras da nosa clase. Tocou entre otras pezas: Noite de Paz, Estreliña onde estás e Un elefante.

 

O noso corpo.

Para afianzar os contidos do tema de ciencias da Natureza fixemos varias estruturas. pero nesta entrada ímos explicar o Folio xiratorio. A tarefa consistía en poñer os nomes os órganos que interveñen no aparato respiratorio. Cada neno/a ten como misión escribir un e facer xirar o folio coma as agullas do reloxo hacia o compañeiro/a.

Distribuir contido