2ºA |
En 2º A de Primaria fixemos unha Mesa Redonda para conmemorar o día da Muller. Partimos das súas experiencias persoais para ir avanzando sobre como eles preciben este tema e as súas propias ideas.
|
|||
Esta semana presentamos os nenos e nenas os xogos de números do Play Osmos de Ipad. Creamos o noso perfil de usuarios para que cada neno e nena poida ver os seus logros e avances. Logo por quendas de doce minutos os nenos e nenas estiveron a explotar burbullas nun divertido xogo de tres niveis. Este grupo reducido de nenos e nenas son os expertos que teran que aprender a manexar o xogo para logo explicarllo aos seus compañeiros e compañeiras da aula. |
|||
Estamos a repasar e afianzar os contidos adquiridos no tema dos animais en ciencias da natureza. Elaborabomos un novo xogo no que repasan contidos como tipo de reprodución, grupos de animais, alimentación, hábitat... |
|||
As mestras de segundo andivemos argallando varios xogos para afianzar conceptos e repasar os contidos traballados na clase na área das ciencias. Este xogo que presentamos está composto por unha plantilla de fotografías e palabras ademais dunhas tarxetas con preguntas ou retos. Os rapaces e rapazas tiñan que ler en voz alta a súa pregunta, logo contestala, se acertan dirixen o bichiño ata a resposta e gardan a tarxeta (así contabilizan o número de acertos). |
|||
No tema de sociais de profesión e sectores analizamos a elaboración dun iogur dende o sector primario ata o terciario. |
|||
Os robots que o alumnado de segundo de primaria e segundo da ESO, xa están rematados. Na sesión de hoxe co profesor Fran estivemos a dar os últimos retoques e probando como se desprazaban por conexión BLUETOOTH gracias a un dispositivo como o móbil. Os equipos construiron os robots: Tanque, Balancín e Raptor. |
|||
Como xa mencionamos noutra entrada, segundo de primaria esta realizando un Proxecto de Robótica. Coa colaboración do profesor de secundaria Fran e o alumnado de segundo da ESO. Os nenos e nenas están a crear os seus propios robots. Os nenos e nenas forman catro equipos que están titorizados por tres ou catro alumnos e alumnas máis grandes. Explicaron os pequenos as diferentes pezas dun robot (e son moitas!). O seguinte paso foi comezar amontalo coa axuda do manual. |
|||
O día 2 de febreiro o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria fomos ao Salón de Actos de Lousame para entreternos, gozar e deixar voar a imaximación coa contacontos Paula Carballeira.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »