[Actividade recente]

Que é a Educación Primaria?

    A educación primaria é unha etapa educativa que comprende seis cursos académicos, que se cursarán ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade.

    A finalidade da educación primaria é proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo, así como desenvolver as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade, así como desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo.

A acción educativa nesta etapa procurará a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado e adaptarase aos seus ritmos de traballo.