[Actividade recente]

Ordenación da Educación Primaria

    A etapa de educación primaria comprende tres ciclos de dous anos académicos cada un e organízase en áreas, que terán un carácter global e integrador.


    As áreas desta etapa educativa son as seguintes:

  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.

  • Educación artística.

  • Educación física.

  • Lingua galega e literatura.

  • Lingua castelá e literatura.

  • Lingua estranxeira.

  • Matemáticas.

  • Nun dos cursos do terceiro ciclo da etapa, ás áreas incluídas no apartado anterior engadirase a de educación para a cidadanía e os dereitos humanos, na que se prestará especial atención á igualdade entre homes e mulleres.


    As áreas que teñan carácter instrumental para a adquisición doutros coñecementos recibirán especial consideración.

    No conxunto da etapa, a acción titorial orientará o proceso educativo individual e colectivo do alumnado.