[Actividade recente]

Principios pedagóxicos

    Nesta etapa porase especial énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.


    Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación e a educación en valores traballaranse en todas as áreas.


    Co fin de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario a esta.