[Actividade recente]

Avaliación e promoción

    A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua, global formativa e integradora de todas as áreas. Terá en conta o progreso do alumnado no conxunto das áreas.


    O alumnado accederá ao ciclo educativo ou etapa seguinte sempre que se considere que alcanzou as competencias básicas correspondentes e o axeitado grao de madureza.

    Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, o alumnado que non alcanzara algún dos obxectivos das áreas poderán pasar ao ciclo ou etapa seguinte sempre que esa circunstancia non lles impida seguir con aproveitamento o novo curso. Neste caso recibirán os apoios necesarios para recuperar os devanditos obxectivos.


    No suposto de que un alumno non alcanzara as competencias básicas, poderá permanecer un curso máis no mesmo ciclo. Esta medida poderá adoptarse unha soa vez ao longo da educación primaria e deberá ir acompañada dun reforzo ou recuperación específico das súas competencias básicas.


    Co fin de garantir a continuidade do proceso de formación do alumnado, cada alumno disporá ao finalizar a etapa dun informe sobre a súa aprendizaxe, os obxectivos alcanzados e as competencias básicas adquiridas, a súa madurez, e aqueles aspectos relevantes que poidan incidir na continuidade do seu proceso de formación. Este informe xuntarase ó historial académico de primaria, e na coordinación cos centros de educación secundaria obrigatoria garantirase a confidencialidade de toda a información.