[Actividade recente]

REFLEXIÓN SOBRE A XUSTIZA E A PAZ

Vimos imaxes de zonas en guerra e comentamos as consecuencias que terían para as persoas que vivía neses lugares.

Tamén intentamos reflexionar sobre a idea da pobreza. Parecía existir un concepto de "OS POBRES", como se se tratase dunha raza máis que ten que existir. O que me interesaba era que chegasen a mobilizar emocións en torno a cuestións como a xustiza, a cooperación, a colaboración.

Despois de ver estas imaxes cada nena e cada neno fixo unha interpretación do cadro "A Pomba" de Picasso e fixo unha proposta de: En vez de armas...

A seguinte actividade consistiu nunha reflexión activa. Eu collín unha bola de platelina e pedinlles que imaxinaran que era a única plastelina que había. Díxenlles que o que ía facer era darlla a un grupo e que o outro quedaría sen nada. Inmediantemente se suscitou a primeira reacción

Ao grupo dos pequenos/as parecíalles ben. Ao grupo dos medianos e maiores mal.

Entonces díxenlles que mellor lle daba a plastelina ao grupo de maiores e medianos e o grupo dos pequenos quedaba sen nada. Nesta ocasión xa se produciu unha reacción diferente porque había algún neno e algunha nena do grupo dos maiores e medianos que non estaba conforme.

Xa apareceu a posibilidade de reparto da plastelina entre todos/as, e houbo acordo.

Pero a actividade continuaba. Empecei a repartir: a Roi deille un pedazo pequeno e a Sheila un pedazo moito máis grande. A cara de Roi foi clara, aquilo non lle gustou. Porén a Sheila si. Entón dixen que o pensara mellor e cambieilles a plastelina que lles acababa de dar. A Sheila xa non lle parecía ben e o máis importante foi que a Roi, que agora tiña o pedazo grande tampouco. Houbo unha grande cantidade de intervencións e case que todo/as falaban de que o mellor era repartir a plastelina en pedazos pequenos iguais para todos/as.

Así se fixo e cada neno e nena tivo no seu poder para xogar unha boliña pequena de plastelina. Curiosamente estaban tranquilos e non cuestionaban ter tan pouca cantidade, polo que lle dixen que realmente non sabía se poderían xogar moito con tan pouca "plasti".

Ainhara dixo de súpeto: Xa sei!. Podemos facer churros e despois xuntalos e facer unha culebra grande.

Todo o mundo estaba de acordo e puxéronse mans a obra. Elia , Ainhara e Daniela decatáronse da dificultade que tiñan Noa, Antón A. e Candela para facer un churro fino coa plastelina e inmediatamente foron a axudar.

 

En pouco tempo e cun entusiasmo enorme toda a clase estaba a construir unha culebra coas achegas de todos/as.

Finalmente a miña pregunta, aínda que resultaba obvio foi:

Como vos sentides?. E todos/as responderon MOI BEN!!.

E por que?. E a resposta foi: porque todos tiñamos o mesmo e porque compartimos e fixemos algo todos xuntos.