[Actividade recente]

A clase D

Hola!! Benvidos ao espazo web de Infantil D

    En infantil D somos 24 nenos e nenas de 3 anos. Este é o primeiro ano que vimos o cole e estamos experimentando moitos cambios de: comportamento, hábitos, rutinas… ademais de coñecer un montón de nenos e nenas novas e facer moitos amiguiños.

A nosa mestra chámase Mónica e ensínanos moitas cousas: números, letras... ademais de lernos moitos contos, sobre todo o dos tres porquiños, que nos gusta moito.

A clase está distribuída en tres equipos ou mesas:

· Equipo rosa formado por: Raquel Rodríguez, Héctor Sóñora, Zaira Seoane, David Carballeda, Noa Tubío, Francisco Pérez ( Curro), Saray Olveira e Noel Seijas.

· Equipo verde formado por: Noelia Salanova, Abel Vázquez, Andrea Gómez, Héctor Romero, Nerea Romero, Breixo Martínez e Bernat Rojo.
· Equipo azul formado por: Sharon Isabel Da Silva, Manuel Antonio Cao, Enara Louro, Rubén González, Marco Antonio Cernadas, Alba Nieto, Alba Rivadulla, Pablo Veiga e Joel Filgueira.


    Tódolos días cada neno encárgase de facer algunha tarefa relacionada coas rutinas, que van dende repartir folios, pasar lista ata supervisar que os recunchos queden ordenados. Os recunchos que temos na clase son os seguintes: ordenador, a casiña, as construcións, a asamblea, a biblioteca e a plastilina.

Velaquí unha foto da nosa aula:

Foto infantil D

    Sen máis despídome ata outro día PD: Ah! Aquí deixo un enlace ao conto favorito de infantil D: Os tres porquiños.