[Actividade recente]

SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA EN NOIA

O pasado mes de novembro fixemos unha visita o Coliseo Noela de Noia onde puidemos ver e desfrutar dunha exposición de contos e ilustracións relacionadas co mar.

       

Tamén tivemos a oportunidade de coñecer a Anxo Moure o "Atrapador de Contos", contóunos historias coidadosas coa natureza e percorremos o mundo dos contos de xeito moi especial.

    

Algúns nen@s da nosa clase puideron acudir a un obradoiro de monicreques, alí transformaron un calcetín nun animado compañeiro.