O alumnado de 3º de ESO levou a cabo unha actividade de lectura de libros cos alumnos de Infantil de 4 anos da profe Begoña. Escolleron uns libros moi divertidos da Biblioteca (pop-ups) e fixeron unha lectura dramatizada que gustou moito ós pequeniños.
Aquí quedan as fotos desta fermosa actividade na que os maiores aplicaron os seus coñecementos de Voluntariado, traballados nas materias de Valores Éticos e Relixión. |
|||