[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
CROS ESCOLAR Páxina gedepevi 13/11/2024 - 15:22
VOLUNTARIADO MIÚDO_RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA VALENCIA Páxina pipaca 03/11/2024 - 13:27
Concurso de cabazas. Samaín 2024 Páxina pipaca 03/11/2024 - 13:07
Samaín 2024/25 Páxina bggon 30/10/2024 - 13:58
MENÚ MES DE NOVEMBRO 2024 Páxina gedepevi 30/10/2024 - 10:39
MENÚ MES DE OUTUBRO 2024 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 14:16
CALENDARIO DE AVALIACIÓNS 24/25 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 10:02
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 13:10

Conferencia do fotógrafo Felipe Carnotto sobre fotografía social.

Grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, á Xunta de Galicia e ao Concello de Lousame, o alumnado de 3º de ESO e o de 4º que ten Educación Plástica, Visual e Audiovisual como materia optativa asistiu o pasado xoves 3 de novembro a unha interesante conferencia sobre fotografía social impartida polo fotógrafo Felipe Carnotto, gañador da anterior convocatoria do concurso fotográfico “Imaxes con Fondo” e creador da exposición “Nicaragua”.

O fotógrafo falounos sobre a fotografía e algúns aspectos técnicos das cámaras fotográficas. Pero o máis importante chegou cando nos amosou o seu traballo e explicou a importancia dos fotoxornalistas que captan imaxes e rexistran situacións sociais moi diversas como por exemplo a guerra en Siria.

 Recomendámosvos visitar as páxinas web nas que se amosan algúns dos traballos deste fotógrafo.

http://www.felipecarnotto.com/

http://felipecarnotto.tumblr.com/

 No mes de xaneiro teremos a oportunidade de ver no noso centro a exposición fotográfica “Imaxes con Fondo” coa que está directamente relacionada esta actividade.