No mes de maio de 2016 déronse a coñecer os gañadores do Concurso de Deseño de Logotipo para o CPI Cernadas de Castro. As votacións do xurado deron como resultado que os traballos merecedores dos premios fosen os que seguen: - 3º Premio: Pablo Rodríguez Freire, de 4º A de ESO - 2º Premio: Alicia Mariño Domínguez, de 6ºA de Primaria - 1º Premio: Claudia Figueira Caamaño, de 4º A de ESO Así pois, o CPI Cernadas de Castro adoptará o traballo gañador como imaxe que representa ao centro educativo e irá incorporándoa progresivamente en todos os ámbitos e soportes que se estimen necesarios. Fai clic na primeira imaxe para acceder á galería de fotos da entrega de premios. Fai clic na segunda imaxe para acceder á galería de fotos da exposición de logos.
As persoas que participaron como membros do xurado foron: - Pilar Cobas Cajuso, directora do centro. - Adolfo Barcia Dopazo, xefe do departamento de ED. Plástica e Visual. - Marta Pedreira Currás, PT de Primaria. - Davinia Varela Sánchez, profesora de Infantil. - José Ramón Baena García, presidente da ANPA. - María Cao Blanco, conserxe. - Tamara López Gómez, alumna de 4º de ESO e membro do Consello Escolar. - Mariña Veiga Barreiro, alumna de 6º de Primaria. - Silvia Agrafojo Filgueira, concelleira de Ensino, Servizos Sociais e Igualdade, Muller e Sanidade do Concello de Lousame. |
|||||