Criterios de promoción

CRITERIOS DE PROMOCIÓN DE PRIMARIA A SECUNDARIA


Os criterios de promoción en primaria, tanto dun ciclo a outro como á secundaria obrigatoria, veñen redactados no seguinte documento: Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 30 de novembro de 2007)

Copiamos aquí aqueles artículos que fan referencia a este punto.

Artigo 6º.- Promoción de ciclo.

1. Ao remate de cada un dos ciclos e como resultado do proceso de avaliación, o equipo de mestras e mestres que imparten docencia en cada grupo, na sesión final de avaliación, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de forma colexiada, primando o criterio da persoa titora.

………………………………………………………….

 Artigo 7º.- Promoción á educación secundaria obrigatoria.

1. O alumnado promocionará á etapa de educación secundaria obrigatoria se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas, os obxectivos da educación primaria e un adecuado grao de madurez.

2. Accederase igualmente cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa. Neste caso, a persoa titora, no informe persoal, precisará as dificultades presentadas e os obxectivos da etapa non logrados, así como as medidas adoptadas ata ese momento a fin de que o centro receptor poida establecer as medidas necesarias de reforzo.