AVISO DE ALERTA LARANXA DURANTE O 16 DE SETEMBRO, DENDE AS 00:00 ATA AS 15:00 HORAS

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, alertan dun fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa para mañá, mércores 16, dende as 00:00 horas ata as 15:00 horas, por fortes rachas de vento que afectarán a toda a comunidade. Ante esta situación acordouse a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos. Polo tanto, os períodos de lecer de mañá, nas diferentes etapas educativas, terán lugar dentro do edificio, establecéndose as gardas do profesorado necesarias para a atención do alumnado.

De todas formas, a evolución deste fenómeno pode variar, polo que a dirección do centro estará pendente da información que nos chegue da Consellería e da que proporcione AEMET e Meteogalicia.

Pódese consultar esta información e as novas que podan aparecer no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/portal/node/17061