O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. acudiu a unha charla - obradoiro sobre música mecánica e fonográfica. O encargado de desvelarnos estes misterios foi o músico Germán Díaz.
Un dos obxectivos deste obradoiro era introducir aos rapaces/as no universo da música mecánica a través de instrumentos curiosos. Así comprobaron que, xirando unha manivela, podían saír fermosas melodías de instrumentos que descoñecían: pequenas caixas de música con cilindros de púas, órgano de barbaria, rolmónicas, zanfona...
Aprenderon como se rexistraron as primeiras cancións e o xeito de reproducilas: non sempre existiron os CDs.
Ademáis, descubriron que unha serra tamén se podía converter nun instrumento. Quedaron ben abraiados!!!