Alberto. O responsable das actividades extraescolares do colexio.

Falamos con Alberto Castro profesor de judo no colexio, ademais tamén da clases no club AD Judo Ferrolterra. Ademais é quinto dan e seleccionador galego. É un excelente profesor de judo, e moitos dos seus alumnos chegaron moi lonxe no ámbito do judo.

 

1- Como comezaches a practicar judo? Por que?

Comecei cando ía ó colexio, déronme un folleto coas actividades extraescolares e como a min gustábame o da loita apunteime e xa vedes onde estou.

 

2- En que club comezaches a practicar judo?

Comecei no Colexio Público San Juan de Filgueira, co Judo Club Ferrol.

 

3- Segues adestrando?

Non, aínda que si que me gustaría seguir adestrando.

 

4- Porque deixaches de adestrar(pola idade ou outra razón)?

Pois a verdade e que deixei de adestrar porque ó dar clases e ter traballo non podo compaxinalo todo e primeiro é o traballo.

 

5- Canto tempo levas practicando judo?

Levo dende os 8 anos, e dicir 31 anos.

 

6- Canto tempo levas de Seleccionador Galego de judo?

Coa Selección levo arredor de 15 anos.

 

7- Cal é o combate que mellor recordas da túa vida competindo?

A semifinal dun torneo en Francia.

 

8- Cal é o combate que mellor recordas dalgún alumno teu?

Un provincial en Cambre da miña alumna Sofía A. P

 

9- Dende o teu punto de vista cres que está ven facer deporte e comer saudable?

Dende o meu punto de vista si que é bo e saudable, pero outra cousa é que o faga. (risas)

 

10- Recomendaríaslle os rapaces e rapazas do colexio que practicasen este deporte?

Si, porque é un deporte que todo o mundo debería de probar aínda que non seguise, que por probar nada se perde.

 

11- Dende que anos adestras rapaces?

Eu levo adestrando rapaces dende os 17 anos, e dicir dende que conseguín o cinto negro.

 

12- De que anos son os rapaces ós que adestras?

Eu adestro rapaces a a partir de 3 anos, pero despois seguen durante toda a súa vida ata que eles vexan que non poden continuar, pola razón que sexa.

 

E por último:

 

13- Gustaríache practicar algún outro deporte? Cal?

A verdade e que si que me gustaría practicar tamén outro deporte que me gusta moito e é o Padel.

 

 

Alberto, pois moitas grazas por atendernos estos minutiños. E que teñas moita sorte.

   J. Francisco. Pita