Entrevista a Claudia Paz, xogadora de fútbol sala.

Claudia Paz Vargas é unha rapaza de 16 anos (estudante de 4ºE.S.O.), que xoga ao fútbol sala, neste blog ensinarémoste unha entrevista dela. Aquí ela da a demostrar que é bo facer deporte no teu ``tempo libre´´.

Aquí temos un exemplo de que facer deporte é o máis san que hai para manterse en forma.

Entrevista a Claudia: 

1.-Canto tempo levas xogando ó fútbol sala?

Aproximadamente dende o ano 2007. En outras contas 7 anos.

2.-En que posición xogas?

Habitualmente xogo de pívot, e dicir, de dianteira.

3.-Que número levas, e porque o levas?

Levo o numero 9, porque téñolle moito cariño, foi o primeiro número que levei nunha camiseta, e agora encántame ese número

4.-Es boa xogando?

Eu creo que simplemente xogo  , non me creo nin  mellor nin  peor.

5.-Que e quen che motivou a xogar ao fútbol sala?

 Xeralmente ninguén, pero vía o fútbol na televisión  e gustábame. Chamábanme a atención Ronaldhino ,  Frank Lampard.... E  parecíanme un exemplo a seguir.

6.-Como te levas coas túas  compañeiras?

Perfectamente. O paso moi ben con elas, son moi alegres e sempre animan os demais.

7.-Por que elixiches o fútbol sala, e non o fútbol campo? 

En principio íame  apuntar a fútbol campo, pero un compañeiro  de clase díxome que apuntarame con el a fútbol sala é accedín.

8.-En que posición está tu equipo?

Eeeeh... Agora imos 10º, en 2ª división nacional.

9.-Pareceche arriscado practicar este deporte?

Todos os deportes teñen algo de risco, pero non é para tanto

10.-Quen paréceche a mellor xogadora do teu equipo?

Todas, somos un equipo.

11.-Como se chama o teu equipo?

Comarcal A Fervenza FSF , é un equipo de Ferrol

12.-Canto tempo adestras? Como son os adestramentos?

Adestro 3 dias a  semana, de 2 horas cada un. A metade dun adestramento constitúese nunha parte física e a outra metade táctica.

13.-Canto tempo levas xogando neste equipo? Xógaste en máis equipos?

Levo xogando 3 anos. O primeiro ano xoguei  na liga provincial. E levo 2 anos xogando a nivel nacional.

Xoguei  aquí en Miño nun equipo de rapaces.

14.-Afectache  ao horario escolar ou a túa vida cotiá este deporte?

Moitísimo. Moitas veces se teño que estudar o quero quedar cos meus amigos, teño que deixalo para ir adestrar ou xogar.

15.-Gustanche outros deportes? Como cales?

Eu considérome mais ben deportista que futbolista. Gústanme as motos, o baloncesto, o voley praia, o atletismo e en xeral os deportes extremos.

16.-Sabemos que fuches ao campionato de España. Que tal foi a experiencia?

Foi unha semana extraordinaria, aprendín e coñecín a moita xente. Quedamos terceiras de España.

17.-Como te sentes cando o practicas?

Cando  xogo esquézome de todo, so penso no balón e en gozar o máximo posible.

 18.-Pensas seguir xogando ao fútbol sala moito máis tempo?

O que me permitan os estudos, esta claro que se poido seguirei xogando moito mais tempo

19.-Que comes para estar en forma?

Ufff... A verdade é que non son un exemplo para iso da  comida, como moitas larpeiradas, pero as calorías gástoas xogando ou adestrando.

20.-Cres que o deporte femenino debe estar máis valorado?

Si, por suposto que si. Parece que o deporte que fan os homes é mellor. Poucas veces sae na TV un deporte femenino, debería ter máis apoio por parte da sociedade.

 

Aquí remata a entrevista a Claudia Paz Vargas.

 

Entrevistadores: 

 

Cristian Martínez Dopico

Noryis Barrios Navas

Héctor Franco