Benvida ó blog

Benvidos tod@s ó blog CONTAMOS CONTIGO, este é un blog no que se falará sobre deportes, e vida saudable, para iso faremos entrevistas, reportaxes, textos de opinión, e podedes comentar o que vos opinedes, e tamén dar suxerencias. Esperamos que vos animedes a participar comentando e dando ideas para o blog.

Este centro está dentro dos programas Xogade e Deportivo de centro.

O programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) ten como finalidade que a actividade física chegue a ser un hábito diario na nosa poboación escolar, orientando a súa práctica non soamente cara o deporte competitivo, senón cara a unha actividade física, exercicio físico ou deporte orientado para a saúde, mantendo estes hábitos físico-deportivos saudables e de vida activa, adquiridos na idade escolar, ata a vellez.

O Proxecto Deportivo de Centro (PDC) ten como finalidade converter ao centro educativo nun centro promotor de vida activa e saudable. A través da análise dos recursos existentes, do traballo en equipo con outras entidades e co desenvolvemento de actividades e accións de carácter integral e transversal, o centro educativo debe ser un dos lugares máis eficaces para propiciar un cambio na conduta nos escolares galegos, buscando implantar estilos de vida activa e saudable, fomentando a práctica da actividade física e deportiva no día a día e nas doses recomendadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Para maís información sobre todo isto non dubidedes en visitar o enlace que se presenta nos seguintes enlaces.

http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta para ir a paxina inicial do proxecto.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6179 para saber o que é o proxecto.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6180 para ver os programas que hai dentro do proxecto.

Un saudo:

J. Francisco Pita Vázquez, do equipo de redación do blog.