VIDEO DE WANGARI MAATHAI
OS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS A E DA AULA ESPECÍFICA, TRABALLARON MOITO PARA FACER ESTE VIDEO. TRATA SOBRE WANGARI MAATHAI, A PRIMEIRA MULLER AFRICANA EN RECIBIR UN "PREMIO NOBEL DA PAZ". ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Dentro do proxecto de África da biblioteca do centro, en infantil decidimos seguir traballando en prol da igualdade de xénero por iso estivemos investigando a Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir un "Premio Nobel da Paz". Aprendimos a súa historia, vimos o conto de "Wangari e a árbore da paz" e fixemos diversas actividades. Aquí tedes unha fotos.
Cada clase decorou unha follas con diferentes técnicas plásticas para elaborar a árbore da paz que foi a nosa aportación a exposición do centro sobre África e a paz.
Aquí o resultado da nosa obra con todas as follas.
Xogamos en liña coas pantallas dixitais a un xogo con preguntas e actvidades sobre Wangari.
Fixemos este video sobre Wangari xunto cos alumnos da aula específica.
Mirade como quedaron os nosos colgantes.
Aquí fotos da celebración do propio día 30 de xaneiro.
Recordade esta frase:
"Cuando plantamos árboles, plantamos las semillas de la Paz y las semillas de la esperanza"
Wangari Maathai
PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL!!!
O noso cole gañou o Premio Concepción Arenal sobre Igualdade da Diputación da Coruña na modalidade de Educación Infantil, co proxecto "Explorando a Igualdade" TINOGONA. Teremos unha dotación de 5000 euros para seguir traballando sobre a Igualdade cos nosos nenos e as nosas nenas.
Este amplo proxecto, partiu do video sobre Tererai Trent no que participamos en todas as etapas educativas. Parabéns a toda a comunidade educativa, este premio é de todos e todas.
Recordade o que dixo Tererai Trent: "Cando as mulleres durmidas espertan, as montañas móvense"
TINOGONA!!!