Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Xaneiro 30, 2019

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da paz. Seguindo co proxecto da biblioteca sobre África, o alumnado e os profesores e profesoras das tres etapas educativas, investigaron a diferentes "Premios Nobel da Paz" deste continente. Cos resultados das investigacións fixemos unha exposición. Parabéns a toda a comunidade educativa pola implicación é o traballo en equipo! 

Ademáis fixemos un acto conxunto no que entre todos formamos o mapa de África e a palabra PAZ. Tamén cantamos o tema "Sonrisa" de Ana Torroja, unha canción chea de positividade e da que tivemos que poñer un "bis" porque o alumnado estaba desfrutando moito.

Aquí van unhas fotos.

 

 

 

Venres Febreiro 01, 2019

VIDEO DE WANGARI MAATHAI

OS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS A E DA AULA ESPECÍFICA, TRABALLARON MOITO PARA FACER ESTE VIDEO. TRATA SOBRE WANGARI MAATHAI, A PRIMEIRA MULLER AFRICANA EN RECIBIR UN "PREMIO NOBEL DA PAZ". ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

https://vimeo.com/314615104

 

 

Luns Febreiro 04, 2019

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Dentro do proxecto de África da biblioteca do centro, en infantil decidimos  seguir traballando en prol da igualdade de xénero por iso estivemos investigando a Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir un "Premio Nobel da Paz". Aprendimos  a súa historia, vimos o conto de "Wangari e a árbore da paz" e fixemos diversas actividades. Aquí tedes unha fotos.

 

Cada clase decorou unha follas con diferentes técnicas plásticas para elaborar a árbore da paz que foi a nosa aportación a exposición do centro sobre África e a paz.

 

 

Aquí o resultado da nosa obra con todas as follas.

 

 

Xogamos en liña coas pantallas dixitais a un xogo con preguntas e actvidades sobre Wangari.

 

Fixemos este video sobre Wangari xunto cos alumnos da aula específica.

https://vimeo.com/314615104

 

Mirade como quedaron os nosos colgantes.

 

Aquí fotos da celebración do propio día 30 de xaneiro.

 

 

 

Recordade esta frase:

 

"Cuando plantamos árboles, plantamos las semillas de la Paz y las semillas de la esperanza"

Wangari Maathai

Xoves Febreiro 21, 2019

PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL!!!

 

O noso cole gañou o Premio Concepción Arenal sobre Igualdade da Diputación da Coruña na modalidade de Educación Infantil, co proxecto "Explorando a Igualdade" TINOGONA. Teremos unha dotación de 5000 euros para seguir traballando sobre a Igualdade cos nosos nenos e as nosas nenas. 

Este amplo proxecto, partiu do video sobre Tererai Trent no que participamos en todas as etapas educativas. Parabéns a toda a comunidade educativa, este premio é de todos e todas. 

Recordade o que dixo Tererai Trent: "Cando as mulleres durmidas espertan, as montañas móvense"

 

TINOGONA!!!

https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1332147/centros-educativos-mino-carballo-cambre-ganan-premio-concepcion-arenal-diputacion-coruna

Distribuir contido