Skip to Content

Lingua e literatura galega

Departamento de Lingua e literatura galega

2º ESO: RESUMOS GRÁFICOS DO CÓMIC "A MANSIÓN DOS PAMPÍN"

En 2ºESO lemos A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado. O alumnado fixo resumos gráficos e estudou o léxico da arquitectura a partir da lectura da obra. Como material complementario para o estudo empregamos as fichas de Léxico 1 do Proxecto Artello.

DÍA DE ROSALÍA: REGÁLALLE UNHA COPLIÑA

Dentro dos nosos microtalleres literarios, levamos a cabo un en 1º ESO de escrita de coplas para dar os parabéns a Rosalía no 179 aniversario do seu nacemento. Como vedes, o resultado foi do máis colorista:

 

ANÁLISE DE CÓMICS EN 3º e 4º

En 3º e 4º da ESO este mes lemos cómics de Demo Editorial e analizámolos seguindo as fichas que podedes descargar premendo nas portadas.

 

lobos de moeche             man do diaño

Estas son as portadas e os títulos antibelicistas dos traballos de 4º:

 

portadas

 

ANO NOVO, ARQUIVO NOVO

A Casa-Museo de Rosalía de Castro estrea arquivo informatizado

A renovación da Casa Museo de Rosalía, que comezara no 2012; para acondicionala, achegala ás novas tecnoloxías e facela máis accesible e segura, rematan agora co informatización do arquivo, que estará aberto para a investigación a partir deste ano.

VISITA Á RAG

Esta semana o alumnado do centro foi facer unha visita guiada á Real Academia Galega.

   

A REVOLUCIÓN DOS BAÚLES

Hoxe o alumnado de 4º ESO asistiu a Radio Voz Carballo para participar no XV concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís e gravar unha lectura dramatizada do "Paso III" do Auto do Castromil, a pequena peza teatral que no ano 1992 Manuel María (autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016) dedicou á figura de D. Ramón Otero Pedrayo. Podedes escoitar a lectura AQUÍ.

     

Cris e Isa                                                        Tito e Víctor

 

"O NAUFRAXIO"

Prezis do Alumnado de PDC sobre a celebración do Naufraxio nas festas do Carme.

 

VIDEO-ROTEIRO "A PRAIA DOS AFOGADOS"

Vídeo do programa A Revista da TVG sobre o roteiro literario que o Concello de Nigrán organiza para seguir os pasos do detective Leo Caldas, protagonista da novela de Domingo Villar A praia dos afogados, que este ano lemos en 4º de ESO.

 

POEMANUARIOS VERMELLOS DE 3º

A partir da lectura de O diario vermello de Carlota e O diario vermello de Flánagan o alumnado de 3º creou esta ctividade para o Plan Proxecta:  QUÉROTE +

 

 

 

XA TEMOS GAÑADORA

Candela Barcia Ferreiro foi a gañadora do concurso das Letras Galegas 2015.

Recibiu o premio durante o acto conmemorativo no que o alumnado de cuarto de Primaria expuxo algúns datos salientables da biografía do homenaxeado e os alumnos de quinto e sexto declamaron o "Romance da lingua" de Darío Xohán Cabana.

act letras

Distribuir contido


by Dr. Radut