Skip to Content

Lingua e literatura galega

Departamento de Lingua e literatura galega

Programacións do departamento de lingua galega e literatura 2023-2024

Aquí podes consultar as programacións didácticas vencelladas ó departamento de lingua galega e literatura do curso 2023-2024.

O XORNAL DOS CONTOS

O XORNAL DOS CONTOS foi unha experiencia desenvolvida na radio escolar polo alumnado de 2º A, dentro do estudo dos roles de personaxes que formou parte do noso achegamento durante este curso aos elementos do xénero narrativo. 

Aquí podes escoitar as entrevistas das reporteiras e reporeiros a personaxes de diversos contos clásicos:

Carapuchiña e a súa avoa

Gretel e un dos tres porquiños

PAN CON CHOCOLATE

Yéssica Veloso de 3°ESO A agasallounos con esta preciosidade de BD que adapta o texto de María Victoria Moreno.

4º ESO A ENTREVISTA O BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE

Dentro das actividades do Proxecta, o alumnado de 4º ESO fixo entrevistas a agunhas das autoras e autores do grupo poético dos 90 BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE, intentando descubrir a importancia da paisaxe da zona en cadansúa obra e doutros temas relacionados como a Ecoloxía.

Podes escoitar o resto das entrevistas en Radio RAT

O GRUMETE

O alumnado de 1º ESO A adaptou este contiño da autora homenaxeada polas Letras galegas este ano: Mª Victoria Moreno; que transcorre nunha pequena illa alumeada por un faro.

Tras facer unha chuvia de ideas e un guión previo en común, fixeron cada un/ha unha viñeta para compor colectivamente este cómic en dúas planas xigantes que podes ver na entrada do centro, xunto á exposición sobre a autora.

QUE COUSA É?... UN FARO!

Estes son os cartaces con adiviñas sobre os faros da Costa da Morte creados polo alumnado de 1º ESO.

Forman parte do traballo plurilingüe sobre o Camiño dos faros desenvolvido neste grupo e servíronnos para traballar os recursos estilísticos e para coñecer empregar software libre para o tratamento de texto e de imaxes: OpenOffice e  Gimp.

GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO DAS LETRAS

Os traballos presentados ao concurso de BD sobre a biografía de María Vitoria Moreno foron marabillosos e as votacións estiveron moi axustadas. Pero, finalmente, estes foron os que resultaron premiados.

En primaria Antía, de 4°A

No primeiro ciclo de ESO, Lucía de 1°A

No segundo ciclo de ESO, Óscar e Estéfano de 3°A

Ademais dos premiados, todo o alumnado asistente ao acto de conmemoración recibiu "un lapis para escribir a súa propia historia de amor co galego".

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Encantados e encantadas quedamos tras a visita de Ledicia Costas, que nos falou do proceso creativo das súas obras e compartiu impresións cos lectores e lectoras, dedicoulles exemplares, deulles consellos para comezar no mundo literario...

O voluntariado de biblioteca de 1 ESO, ademais de presentala, entrevistouna en Radio Rat para o seu programa Biblionovas do voluntariado.

Premendo na foto inferior podes ver máis imaxes da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut