Skip to Content

Lingua e literatura castelá

Departamento de Lingua e literatura castelá

Tarefas semana do 1 ao 7 de xuño e solucionario

Moi boas:

Esta semana imos ver a coma. Para iso, tedes que dirixirvos á páxina 174 do libro.

Os exercicios esenciais son o 1, o 3 e o 4.

A maiores, de reforzo, copiades a teoría.

Ampliación: facer o exercicio 5.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar e/ou corrixir.

Levades adxunto o solucionario da semana anterior.

Tarefas semana do 25 ao 31 de maio, solucionario e enquisa educativa

Boas!

Esta semana imos ver o punto. Para iso, tedes que dirixirvos á páxina 173 do libro.

Os exercicios esenciais son copiar o cadro amarelo, facer o 2 e o 3.

Reforzo: ademais dos exercicios anteriores, copiar a parte de teoría.

Ampliación: facer o exercicio 1 e o 4.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar e/ou corrixir.

Levades adxunto o solucionario da semana anterior e unha enquisa educativa.

Tarefas semana do 18 ao 24 de maio

Moi boas, rapazada!

Esta semana imos ver o til nos hiatos da páxina 172. Os exercicios a facer son o 1, 2, 6 e 7.

De reforzo, copiar a teoría. E de ampliación, o 8 e o 9.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar. Teredes igualmente un solucionario, coma sempre.

 

 

Tarefas semana do 11 ao 17 de maio e solucionario

Moi boas.

Dado que a semana pasada tivestes que facer os exercicios da páxina 171 relativos á acentuación dos ditongos e tritongos, un concepto de lenta asimilación, propóñovos que me enviedes unha imaxe das tarefas corrixidas aquelas persoas ás que non llelo corrixín xa por mail.
O motivo polo que non vos mando máis tarefas esta semana é para non sobrecargarvos e quero que asimiledes ben este concepto para poder seguir coa acentuación dos hiatos a vindeira semana.
Por favor, non dubidedes en preguntarme calquera cousa se o precisades.
Deixo o solucionario colgado na parte baixa da páxina.
A maiores, propoño unha tarefa de repaso de conceptos para quen tiña reforzo ou algunha das avaliacións suspensas-> copiar a teoría da páxina 170 do caderno. E como exercicios de ampliación voluntario, propóñovos o 5 e 6 da páxina 171.

Tarefas semana do 4 ao 10 maio e solucionario

Moi boas, rapazada!

A continuación envíovos as tarefas para a semana do 4 ao 10 de maio:

a) Igual que as anteriores semanas, debedes autocorrixirvos co solucionario que vos deixo aquí abaixo adxunto.

b) Nun segundo tempo, tedes que facer os exercicios de repaso da acentuación da páxina 171: 3, 4, 7, 10, 12, 13, 14 e 15.

Desta vez, é recomendable que me enviedes fotos do voso traballo. E, aínda que hei colgar un solucionario o luns 11 de maio, se alguén ten dúbidas xerais ou dun exercicio en concreto, pode mandarmas. Que colgue un solucionario, non quita que vos recorde que estou dispoñible para calquera dúbida ou consulta no meu correo electrónico: lorena.andrade.lorenzo@edu.xunta.gal

Por outra banda, indicar que, despois das últimas normativas sacadas da Consellería, teremos en conta o voso traballo feito a partires desta semana. Nunca vos poderemos reducir a media entre as dúas avaliacións, pero debedes ser conscientes que un bo traballo pode chegar a subir. Ata o de agora non vos puiden garantir ese dato, pero agora si.

Así que ánimo cos exercicios e espero as vosas fotos.

Un saudiño,

Lorena

Tarefas semana do 26 de abril ao 3 de maio e solucionario

Boas de novo!

Para non variar moito no tipo de actividades e que vos sexa máis levadeiro, imos seguir na mesma tónica e envíovos as seguintes tarefas:

a) Autocorrixirvos co solucionario que vos deixo colgado no adxunto. Só tedes que clicar nel e abrilo para velo.

b) Os exercicios de repaso da acentuación da páxina 170: 1 e 2.

c) E os exercicios 2 e 4 da páxina 115.

Como vedes, esta semana son uns pouquiños menos. Agora que vos deixan saír un pouco, non perdades de gozar algo ao aire libre. Desfrutade do venres festivo e non esquezades que esta finde é o día da nai. Recordade que podedes facer as vosas consultas por mail e que aínda que non vos pido fotos do voso traballo (polo menos esta semana), sempre é mellor facelo. Colgarei un solucionario o luns 4 de maio para as correccións.

Saúdos,

Lorena

 

 

Tarefas semana 20 ao 26 de abril e solucionario

Moi ben,

Pois aquí estamos de novo. Esta vindeira semana mándovos algo menos de traballo, no que corresponde ás tarefas, porque o solucionario supón algo de tempo notable. Tedes pois que facer o seguinte:

a) Autocorrixirvos co solucionario que vos deixo colgado. Está adxunto. Tedes que abrilo para velo.

b) Os exercicios de repaso da acentuación da páxina 169: 16, 17 e 20.

c) Ledes o relativo ao adxectivo da páxina 112; é dicir, ledes a teoría. Despois tentades facer os exercicios 1, 2, 3, 4 e 5.

Recordade, non tedes que mandarme probas de que estades a traballar, a menos que teñades consultas. Colgarei un solucionario o luns 27 de abril.

Un saudiño e bo traballo!

 

 

 

Tarefas semana 14 ao 19 de abril e solucionario

Moi boas, querido alumnado de primeiro! Espero que pasarades unha boa Semana Santa na medida do posible. Para esta vindeira semana, que é un pouco máis curta, déixovos as seguintes tarefas:

a) Autocorrixirvos co solucionario que tedes adxunto ao final deste comentario das tarefas anteriores.

b) Os exercicios de repaso da acentuación e da sílaba da páxina 168: 6, 7, 8, 9, 10 e 13.

c) E por último, un exercicio de comprensión lectora. Ledes o texto da páxina 104 e 105 de Wenceslao Fernández Flórez e facedes as actividades da páxina 106: 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

Recordade, non tedes que mandarme probas de que estades a traballar, a menos que teñades consultas. Colgarei un solucionario o luns 20 de abril.

Saudiño e espero vervos pronto.

Lorena

 

 

Solucionario das tarefas da semana pasada (do 23 ao 29 de marzo) e tarefas de final de segundo trimestre

 

Moi boas:

Esta última semana correspondente ao segundo trimestre vouvos mandar tres tipos de actividades:

 

a) A primeira, que xa non vos pilla de sorpresa, é autocorrixirvos co solucionario das tarefas da semana anterior. Hai un adxunto abaixo deste post.

 

b) Ides repasar a ortografía cos seguintes exercicios: páxina 165 (exercicios 1, 2, 3 e 4); páxina 166 (exercicios 1, 2, 3, 4 e 5) e páxina 167 (exercicios 1, 2, 3, 4 e 5). Colgarei un solucionario o luns 13 de abril. Co cal, aínda que esta tarefa está prevista para unha semana, se a queredes repartir, podedes facelo. Xa vos organizades á vosa maneira.

 

c) Rematar, se non o fixestes, a lectura deste segundo trimestre Las lágrimas de Shiva.

 

Un saudiño e que pasedes boas vacacións de Semana Santa.

 

 

 

Tarefas semana 23 ao 29

Bos días, querido alumnado de Lingua e Literatura Castelá de Primeiro de ESO. Antes de todo, espero que esteades todos ben. Ben de corpo, pero tamén de ánimo.

As tarefas desta semana pódese dicir que son 3. Lede ben as instrucións para non perdervos. Se precisades axuda, podedes enviarme un mail ou pedirlle a un adulto que vos axude a ler. 4 ollos sempre ven máis ca 2. Alá imos:

1. Antes de nada, e o primeiriño que tedes que facer, é corrixir os exercicios da semana pasada. Para iso déixovos un pdf coas solucións que podedes descargar neste sitio (abaixo de todo ponvos 1 adxunto. Clicades aí e xa vos leva ao pdf).

2. Logo, tedes as seguintes tarefas: por unha banda ler o texto da páxina 101 e facer os exercicios 1, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 19. Mentres que por outra banda tedes que copiar, sempre no voso caderno e de forma bonita, o encabezado de La exposición de un tema desde “Exponer un asunto... hasta ...emprezar a practicar cuanto antes.” e o cadriño amarelo que pon notas que atoparedes na páxina 103.

3. Por último, quero unha proba de que estades a traballar. E como? Pois tedes que mandarme unha foto das tarefas desta semana antes do luns 30 por mail.

Creo sinceramente que é unha cantidade axeitada de traballo para esta semana, co cal, teño pensado colgarvos un solucionario destas tarefas o luns 30 deste mes.

Mándovos o meu apoio e un gran saúdo a vós e ás vosas familias.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut