Skip to Content

Lingua e literatura castelá

Departamento de Lingua e literatura castelá

Programacións do departamento de lingua castelá e literatura 2023-2024

Aquí podes consultar as programacións didácticas vencelladas ó departamento de lingua castelá e literatura do curso 2023-2024.

Estrea de "Segredos Abertos"

Por fin chegou o día da estrea de SEGREDOS ABERTOS, montaxe da que puido desfrutar todo o alumnado de secundaria hoxe. Con esta posta en escea, a rapazada de 4ºESO despedía o trimestre de xeito teatral.

Representación teatral: Segredos Abertos

O vindeiro martes 21 de decembro, o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4ºESO estrea a súa performance SEGREDOS ABERTOS, baseada no texto gañador do Certame de Teatro Lido do FIOT. Faranse varios pases teatrais ao longo da mañán dese día. Prometemos gravación do evento na páxina web!

"UN METRO CUADRADO DE MI MUNDO"

O alumnado de 1ºESO saca á luz os froitos da exposición oral feita en Lingua Castelá e Literatura este trimestre, cuxo título é UN METRO CUADRADO DE MI MUNDO. Este traballo consistía en escoller de 5 a 10 obxectos que definiran a cada alumno/a, a partir dos cales realizaron unha presentación oral na aula falándolos deles/as mesmos/as.

              

Solucionario semana pasada e felices vacacións!

Isto rematou, miña rapazada!

Só vos queda disfrutar do verán e axudar algo na casa.

Espero que teñades sorte en Laxe nos vindeiros cursos e que poidamos comezar da forma máis normal posible en setembro.

Adxunto o solucionario da semana pasada por se vos interesa botarlle unha ollada.

Felices vacacións e unha aperta,

Lorena Andrade

Tarefas semana do 15 ao 21 de xuño e solucionario

Moi ben.

Chegou a última semana de tarefas do curso. E como tal, é algo especial nas indicacións. Por favor, lede ben:

Esta última semana de curso levades un adxunto cos exercicios detallados.

a) Reforzamos os elementos da comunicación e a orde das palabras cos exercicios 1 e 2.

b) Traballamos a puntuación e a clasificación de palabras cos exercicios 3 e 4.

c) Ampliamos ortografía e os conceptos de narración e descrición nos exercicios 5, 6 e 7.

d) Espero os vosos traballos.

Tarefas semana do 8 ao 14 de xuño e solucionario

Boas:

Coma sempre, esta semana imos seguir co libro, na páxina 175.

Os exercicios esenciais son o 10 e o 11.

Para reforzar a coma, propóñovos o exercicio 6 e 7.

Se decidides ampliar os vosos coñecementos, podedes facer o exercicio 12 e copiar a teoría do punto 3. El punto y coma no voso caderno.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar e/ou corrixir.

Levades adxunto o solucionario da semana anterior.

Un afectuosos saúdo,

Lorena Andrade

Distribuir contido


by Dr. Radut