A MATRÍCULA PARA AS ENSINANZAS ELEMENTAIS ESTÁ XA COMPLETA. QUEDAN PRAZAS NA ESCOLA DE MÚSICA QUE SE REESTRUTURA POR COMPLETO
O Conservatorio Profesional de Música de Tui impartirá dende o próximo curso escolar 2022/23 o Grao Elemental. O pasado martes, 14 de xuño, publicouse no DOG a autorización das ensinanzas elementais de música por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Deste xeito o centro tudense impartirá ensinanzas regradas elementais de música en quince especialidades instrumentais: piano, guitarra, violín, clarinete, guitarra eléctrica, frauta traversa, gaita, saxofón, percusión, óboe, viola, violonchelo, trompeta, trombón e tuba. As prazas ofertadas en grao elemental están xa completas.