Skip to Content

Concerto de fin de curso 2024

O próximo venres 31 de maio ás 20:00 hs. dará comezo no teatro do edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica) con entrada de balde ata completar aforo, o CONCERTO FIN DE CURSO 2024 DO CONSERVATORIO ELEMENTAL/PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI.

Será un concerto de música con estilos e agrupacións moi varidadas: música clásica, música moderna, música tradicional, solistas, grupos de cámara, Big Band, orquestra e coro.

Os horarios son os seguintes:

Entre as 16:00 e as 17:30 hs.: Recollida de entradas no noso centro. 

Dende as 19:00 hs.: Recollida de entradas no hall do teatro.

Ás 20:00 hs.: Comezo do concerto!

 

Se queres disfrutar coa boa música e o traballo dos nosos alumnos achégate!!!



blog | by Dr. Radut