Os vindeiros luns 4, martes 5 e Mércores 6 de Setembro do 2023 nas nosas instalacións da Escola/Conservatorio de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia s/n. terá lugar o I ENCONTRO MUSICAL DE INSTRUMENTOS DE VENTO DO CENTRO dirixidos a tod@s as nenas e nenos con idades a partir de 7 anos.
O obxectivo principal deste encontro é que os nen@s coñezan os instrumentos de vento cos que traballamos no Centro e disfruten tocando con eles!
Os instrumentos que traballaremos son:
GAITA GALEGA, OBOE, CLARINETE, SAXOFÓN, FRAUTA TRAVESEIRA, TROMPETA, TROMPA, TROMBÓN, TUBA E BOMBARDINO.
Os beneficios que ten aprender a tocar un instrumento de vento son:
-
Mellórase e optimízase a respiración, adquírense bos hábitos de relaxación e posición corporal, trabállase a consciencia corporal.
-
Foméntanse competencias como a expresividade, aprender a aprender, ...
-
Desenrólase a sensibilidade auditiva, a memoria, a lectura, psicomotricidade,
creatividade.....
-
Incúlcanse valores coma o esforzo no estudio individual e tamén no traballo en
equipo, o compañerismo,...
-
Crece a motivación, mellora a autoestima,...
-
Emplease unha metodoloxía activa, práctica, progresiva e flexible que se adapta
as características de cada nen@.
-
Oriéntase a emplear as técnicas axeitadas de estudio.
O horario será de 10 a 13h (con posibilidade de ampliar o horario segundo as necesidades):
- Os nen@s chegarán oao Centro as 9:45hs.
- Cada día comezaremos cun Concerto con distinta temática.
- O primeiro día ensinaremos os instrumentos e os nen@s elixirán o que queren tocar nestes días.
Haberá clases individuais e colectivas cun Concerto de Clausura onde participarán os alumnos e profesores!!
Teremos explicacións sobre: relaxación, respiración, estiramentos musculares para tocar os instrumentos, bailes, cantos,... e tamén teremos descanso para merendar e recuperar as forzas!!
MATERIAL NECESARIO:
Toalla de praia, merenda, auga.
INSCRIPCIÓN:
Data máxima ata o 1 de setembro.
Para realizar a solicitude cubra o seguinte formulario ou chame ao teléfono 687249957, en horario de 9 a 13 hs.