Skip to Content

Celebración do acto institucional do Concello de Tui para o 25N, día Internacional da Violencia contra as mulleres

Hoxe, 25 de novembro, ás 18:00 hs. na praza do concello terá lugar o acto institucional para conmemorar o día internacional da violencia contra as mulleres do Concello de Tui.

Nesta ocasión especial, o acto contará coa participación de dúas alumnas destacadas do centro: Laura Ramírez Fernández (violonchelo) e Lucía Ramírez Fernández (violín) acompañadas ao piano polo profesor do centro Jacobo González Álvarez. Esta formación interpretará arranxos dos temas "Color esperanza" de Diego Torres e "A porta violeta" de Rozalen.

O Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui súmanse así á loita contra a violencia machista e anima a todos os membros da comunidade educativa e persoas da comarca a participar neste acto!!

AnexoTamaño
25N Tui (Cartel).pdf849.45 KB


blog | by Dr. Radut