Skip to Content

Renovación parcial do Consello Escolar 2021

     

A Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece que a renovación parcial dos seus membros terá lugar durante o próximo mes de novembro.

Segundo o artigo segundo de dita resolución, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 22 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos.

A misión deste órgano é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento do conservatorio, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas (nais e pais, alumnado, profesorado, pas). A súa constitución é obrigatoria en todos os centros.

A partir do mes de novembro publicarase no centro e nesta web o calendario completo do proceso.

Animamos a presentarse a toda a comunidade educativa!:

  • Alumnos maiores de 14 anos do conservatorio.
  • Pais/Nais de alumnos matriculados no conservatorio para o curso 2021/2022 que non sexan maiores de idade.
  • Profesorado do centro.


blog | by Dr. Radut