Recitais de Fin de Grao Profesional
Os alumnos Marta Álvarez e Alberto Bernárdez realizarán hoxe os seus recitais fin de grao. Nestes recitais que se realizarán hoxe día 14 de Maio ás 20 horas, na Sala de Audicións do centro, os alumnos de 6º de G.P. interpretarán unha mostra do nivel alcanzado nestes cursos, como peche á súa etapa nos estudos de grao profesional de música, neste caso na especialidade de Piano.
O repertorio a interpretar por estes mozos no seu recital será:
Marta Álvarez Coedo
- Sonata Op. 31 Número 2 (La Tempestad) de L. V. Beethoven
- Fantasía Impromtu Op. 66 de F. Chopin
- Preludio Op. 32 Nº 12 de Sergei Rachmaninov
Alberto Bernárdez Beninga
- Preludio y Fuga nº6, Libro I en Re menor, BWV 851 de Johann Sebastian Bach
- Sonata nº 14 en Do menor, KV457 (Movimiento III. Allegro Assai) de W. A. Mozart
- Pavana para una infanta difunta de Maurice ravel
- Liebesträume nº3, S.541 de Franz Listz