Skip to Content

NO BICO UN CANTAR 2019

NO BICO UN CANTAR 2019   

 (Nenas e nenos cantan na Raia)

*AUDIOS das pezas no anexo inferior

O venres 7 de xuño de 2019 terá lugar en Tui o proxecto “No bico un cantar. Nenas e nenos cantan na Raia” ao cal está invitado a participar o noso centro.

O certame musical “No bico un cantar” é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega, da Conselleria de Cultura e Turismo e da Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia que se celebra cada primeiro venres de xuño dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia. 

Esta actividade ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.

Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos de idade, que nesta edición pertencen aos Conservatorios de Música Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, ao Conservatorio Elemental de Música da Guarda, ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Escola de música municipal de Tui e á Escola de música municipal de Mondariz.

A actividade consiste na interpretación vogal, por parte duns 500 nenos e nenas acompañados dun quinteto de metáis profesional e dirixidos por Maximino Zumalave (famoso director e pianista compostelán que se formou a nivel musical en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart), de cinco poemas musicados que os nosos alumnos xa están a traballar nas clases de Eduación Auditiva e vogal (Audios de piano para o estudio no anexo inferior)

A actividade deste venres 7 de xuño ten o seguinte itinerario:

11:00hs: Chegada ao Teatro Municipal de Tui (Área Panorámica na rúa Colón, 2).

11:30hs: Benvida do director e ensaio xeral no Teatro Municipal.

13:30hs: Desprazamento ao espazo do xantar.

14:15hs: Xantar (de balde).

15:30hs: Desprazamento ao Teatro Municipal onde terá lugar unha actividade de esparcemento.

16:30hs: Remate da actividade e traslado camiñando ao lugar do concerto.

17:30hs: Concerto. Audición das nenas e nenos na praza de San Fernando (fronte á fachada da Catedral) ou no lugar alternativo en caso de choiva (por determinar)

18:30hs: Remate da actividade.

19:00hs: Merenda (de balde).

19:30hs: Partida cara os lugares de orixe.

AnexoTamaño
veira d'o mar.mp31.19 MB
oh rama, oh qué linda rama.mp31.58 MB
No rego do prado.mp31.2 MB
Maio longo..mp31.57 MB
San Campio.mp32.94 MB


page | by Dr. Radut