Skip to Content

Concerto de Intercambio Escola de Música de Tui/Escola de Música de Chapela

 

No día de mañá, xoves 21 de marzo ás 18:00 hs, na sala de audicións do centro con entrada de balde ata completar aforo, teremos un concerto moi especial, organizado coa colaboración da Escola de Música de Chapela, no que poderemos escoitar alumnos de ambos centros musicais. A semana que ven viaxará unha pequena delegación de alumnado de Tui para devolverlle o legado en forma de concerto, xa na súa Escola desta parroquia redondelana.

No concerto que teremos en Tui, poderemos escoitar alumnos das Escolas de Música de ambos centros tocando obras de todos os estilos musicáis, e contando cun broche de ouro para o final formado pola actuación de piano a catro mans interpretada por Manuel Blanco Prego (Piano da Escola de Música de Tui) e Pedro Souto Lago (Piano da Escola de Música de Chapela)

Non o podedes perder!!!

 

 



blog | by Dr. Radut