IV AULA INTERNACIONAL DE SAXOFÓN
Os días 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2019, terá lugar no Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui, a IV Aula Internacional de Saxofón a cargo dos mestres:
- Kyle Horst (Saxofón)
- Rafa Yebra (Saxofón)
- Xosé Luis Miguélez (Improvisación)
Para máis información, descargar e consultar os folletos nos links de máis abaixo ou preguntar no centro en horario de Luns a venres (15:00 a 19:30) Telefóno: 986 60 44 04
Para a inscripción online, prema no seguinte ENLACE
En relación ao cumplimento da normativa actual en materia de protección de datos, a organización da IV Aula Internacional de Saxofón establece o seguinte:
CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS IV AULA INTERNACIONAL DE SAXOFÓN |
Datos do Responsable de tratamento:
Asociación “Fray Rosendo Salvado” con CIF G36273027 e dirección, Av. Da Concordia S/N, 36700, Tui, Pontevedra, e correo electrónico: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
Fin do tratamento:
Tratamento de datos básicos necesarios para a tramitación e xestión administrativa e comunicación de información, sobre o curso de formación e perfeccionamento instrumental: IV Aula Internacional de Saxofón.
Criterios de conservación dos datos:
Conservaranse durante o seguinte prazo: “dende a apertura do periodo de matriculación ata o día seguinte da finalización do curso (18 de xullo de 2019)” amparándolle os dereitos abaixo indicados e concretamente o de supresión dos datos, nese caso suprimiranse coas medidas de seguridade axeitadas, para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.
Dereitos que asisten ao Interesado:
Dereito a retirar o consentimento en calquera momento. - Dereito de acceso, rectificación, portabilidad e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento. - Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control ( agpd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente. Poderá exercer o seu dereito dirixíndose aos datos indicados do Responsable de Tratamento.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Folleto Detrás.pdf | 3.36 MB |
Folleto delante Final.pdf | 4.2 MB |