Skip to Content

Concerto de Guitarra no Conservatorio de Tui a cargo de Tomás Camacho

Concerto de Guitarra no Conservatorio de Tui a cargo de Tomás Camacho

 

Mañán, Xoves 8 de marzo ás 20:00 horas na sala de Audicións do Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar un concerto de guitarra a cargo de Tomás Camacho.

Músico destacado e residente en Tui, Tomás Camacho foi catedrático e director do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Autor de publicacións didácticas e monografías dedicadas a J. S. Bach, Leo Brouwer e Joaquín Rodrigo, Tomás Camacho é copositor de música para películas e teatro.

O Repertorio a interpretar forma unha selección de obras de M. Ravel, J. S. Bach, I. Albéniz e E. Granados. Sen dúbida un concerto que non pasará desapercibido na cidade de Tui pola súa importancia e calidade musical.



blog | by Dr. Radut