Skip to Content

Tui vístese de negro

Tui vístese de negro

Tui vestirase de negro do 23 o 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia de xénero. Desde xeito a cidade e o Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui súmase á campaña En Negro posta en marcha en 2015 e na que este ano participan a nivel galego 75 concellos e tres deputacións provinciais, así coma máis de 3 mil establecementos, entidades e asociacións.

Tui en negro propón vestir de loito a cidade, en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Por iso dende o Concello convidouse a participar nesta campaña aos centros educativos, aos establecementos comerciais, ás asociacións... transmitindo así unha mensaxe conxunta de denuncia e solidariedade. 

Convídase así aos centros escolares a vestir de negro, así coma aos comercios, empresas, bares, restaurantes, postos de mercado ... a través dos manteis, dos manequíns,....e co material que dende o Concello se remitirá sobre esta campaña. 

De forma previa, e considerando que a educación é un dos ámbitos fundamentais nos que hai que traballar para previr a violencia de xénero, o Servizo de Prevención está realizar unha serie de obradoiros nos que se traballa a prevención da violencia de xénero. Teñen lugar durante este mes de novembro e o de decembro, e nos mesmos participan o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, do IES Indalecio Pérez Tizón, e do Colexio Maristas.

O día central dos actos previstos será mañán, venres 24 de novembro, cando está prevista a lectura do manifesto ás 12.30h na praza do Concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín. Alumnos de vento-metal do Conservatorio Profesional de Música de Tui amenizarán o acto con música en directo.



blog | by Dr. Radut