VISITA DO ALUMNADO DO MÓDULO XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL
VISITA A VIVEIROS BOIBEL
Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xóvenes do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:
- Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida (castiñeiro híbrido).
- Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
- Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.
Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.
Destinatarios: alumnado do módulo de XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL
Data: martes 5 de Decembro as 15:00 rógase puntualidade.
Lugar de saída: CIFP SANTIAGO.
Destino: Viveiros Boibel, Frades, A Coruña.
Hora de regreso aproximada: 19:00 h.