Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Charla módulo de Xestión de Montes

"A historia escrita nos aneis das árbores"

 

Os aneis de crecemento das árbores varían segundo as condicións ambientais do sitio no que se formaron, sendo máis estreitos nos anos máis desfavorables para o crecemento, e anchos cando as condicións son boas. Deste xeito, árbores que crecen en áreas próximas son parecidos entre si, e van sendo máis diferentes a medida que as áreas están máis lonxe. Isto fai que sexa posible obter series de aneis, denominadas series dendrocronolóxicas, que poden ser encaixadas unhas con outras, e así construír secuencias cada vez máis longas.

 

As aplicacións destas técnicas son moi útiles en múltiples disciplinas, porque a árbore é como unha caixa negra que vai rexistrando os acontecementos ao longo da súa vida. Nesta charla mostraranse as principais utilidades, que abranguen desde comprender o crecemento das árbores, as respostas ao clima e a dinámica forestal, incendios forestais ou pragas de insectos. Tamén se falará das moitas aplicacións en investigación histórica, mediante a datación de obxectos de madeira, edificios antigos e xacementos, e finalmente, a importancia xeolóxica para reconstruír procesos coma os terremotos ou as erupcións volcánicas.

 

Destinatarios: alumnado de Xestión de Montes

Ponente: Ignacio García González. Programa Ponte USC

Data: mércores 15 de febreiro as 16:30

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 0.7



story | by Dr. Radut