Skip to Content

Logos

                                                                                                   

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
venres Abril 26, 2024
Start: 26/04/2024 09:00

undefinedArchivo:Illas cies.JPG - Wikipedia, la enciclopedia libre

O arquipélago de Cíes está composto por 3 illas: Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes de Agoeiro ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Está situado na bocana da ría de Vigo.

Se voamos por riba do arquipélago de Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e O Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruínas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.

Pertence ao concello de Vigo

Superficie 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. ZEC Illas Cíes dende 2014.

Actividade e itinerario proposto: Ruta ao faro de Cíes:

- Recepción e saída do muelle de Rodas

- Lagoa dos Nenos

- Antigo almacén de artillería e mosteiro de San Esteban

- Subida faro- Pedra da Campa- Observatorio de aves

- Comida

Actividades de eliminación de especies invasoras: Será unha actividade guiada polo persoal do propio Parque. 

 

DATA: 26/04/2024

HORA DE PRESENTACIÓN NA SAÍDA: 09:00

HORA ESTIMADA DE REGRESO: 22:00

DESTINATARIOS: ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL.

 

xoves Maio 02, 2024
Start: 02/05/2024 16:00
End: 02/05/2024 21:30

 

Actividade complementaria do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural

Data: Xoves 2 de maio de 2024

Hora de saída: 16:00 h dende o Centro

Hora de chegada: 21:30 h. aprox.

Destinatarios: alumnado do módulo de xestión da pesca continental.

 

xoves Maio 23, 2024
Start: 23/05/2024 20:00
End: 23/05/2024 21:30

PRINCIPAIS TEMAS A TRATAR DA XESTIÓN CINEXÉTICA (AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS)

 Situación actual da caza en Galicia.

 Inventario cinexético:

  1. Obxectivos.
  2. Planificación do censo.
  3. Métodos de censo para especies de caza menor. 
  4. Métodos de censo para especies de caza maior.

 Proxectos de seguimento e xestión nos que colabora a “Federación Galega de Caza” (FGC): 

  • “Observatorio Cinegético” (Dinámica poblacional de especies residentes, censos nocturnos, aves migratorias estivales, caza mayor y aves migratorias invernantes) con “Fundación Artemisan”.
  • “Proxecto ARCEA” (Estudo e xestión da poboación de arcea (Scolopax rusticola) en Galicia) coa “Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático”. 
  • “Proyecto COTURNIX” (Seguimiento y gestión sostenible de la codorniz (Coturnix coturnix) en España) con “Fundación Artemisan”. 
  • “Proyecto ZORZALES” (Monitorización, seguimiento y gestión de zorzales en España) con “Fundación Artemisan”.

 Resultados dos censos e correspondentes medidas de xestión cinexéticas.

Data: XOVES 23

Lugar: CIFP SANTIAGO. 

Hora: 20:00 h.

Destinatarios: Alumnos do módulo Xestión cinexética

Ponentes: persoal pertencente a federación galega de caza

Distribuir contido


by Dr. Radut