Lugar de exposición: CIFP SANTIAGO
Datas de exposición: Do 12 ao 23 de novembro
Entidade colaboradora: CEIDA
A exposición consta de 12 paneis
A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a función, finalidade e obxectivos da Rede Natura e dos espazos que a integran.
Nela atoparás a distribución das ZEC e ZEPA de Galicia, a súa tipoloxía e principais características, e as especies máis relevantes que nelas habitan. Tamén descubrirás os beneficios sociais que a Rede Natura 2000 achega á sociedade, baseados nos servizos dos ecosistemas, e a oportunidade que supón a conservación destes espazos para o desenvolvemento territorial, a conservación das actividades tradicionais e a xeración de emprego.
Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.