Auditoría enerxética: coa axuda das útlimas tecnoloxías (HIKMICRO)
Este mércores 13/12/23, o profesorado e alumnado do Curso de Especialización de Auditorías Enerxéticas, recibiu información sobre as posibilidades e manexo de cámaras de imaxe acústica para a detección de fugas de gas e descargas parciais. Estas son cámaras (HIKMICRO) que nos axudan a mellorar a eficiencia das instalacións e en consecuencia a reducir os consumos enerxéticos.
Nesta actividade complementaria á formación participaron como poñentes:
Irene Torija (HIKMICRO)
Joaquim Feria (PREDITEC)
Adriano Abreu (M. LAGO)
Grazas a eles pola información recibida de grande utilidade na actividade formativa do curso de especialización.