DIFUSIÓN DA ACTIVIDADE
PARTICIPACIÓN EN EVENTOS
A vocación de mellora continua do centro motiva nas súas accións ao alumnado, que participa nos múltiples eventos nos que o CIFP Valentín Paz Andrade está presente para colaborar en dar a coñecer as novidades formativas, ferramentas dixitais e metodoloxías didácticas que se perfeccionan continuamente.
Exemplos destas participacións en todos os cursos son:
Evento |
Descrición/obxectivo. |
EDUGAL |
Salón da oferta e formación de Galicia (Pontevedra) Aproveitar a oportunidade de dar a coñecer a centros da ESO e bacharelato, e ao potencial alumnado e familias, a oferta e actividade do CIFP, especialmente os ciclos actualmente menos demandados. Tamén mostrar os recursos innovadores dispoñibles no centro para mellorar a formación na propia oferta. |
GaliciaSkills, SpainSkills e FPBásciaSkillsGalicia: |
Competición de alumnado de FP sobre as súas habilidades en diferentes especialidades |
EnerxétiKa |
Feira da enerxía de Galicia. Silleda |
Motortec |
Feira internacional da industria e posventa da automoción. Madrid |
Depoemprende |
Exposición, apoio e recoñecemento de proxectos que integran experiencias innovadoras que desenvolven o autoemprego. Pontevedra. |
Feira de educación e formación de Ponteareas |
Exposicións das posibilidades educativas e formativas da comarca. |
Mostra de educación de Mos |
Difusión da oferta educativa e formativa da contorna de Mos. |
Congreso de Innovación Educativa Dixital |
O CIFP participa con obradoiros onde se integra a innovación coa formación dixital. Santiago. |
Navalia |
En colaboraición coa empresa Tesol, o CIFP estivo presente co simulador dixital de soldadura (2022). Vigo |
Maker Faire Galicia: |
Fomento da auto creación, innovación a nivel educativo, empresarial e social. Santiago. |
ACCIÓNS DE DIFUSIÓN A TRAVÉS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
- PRENSA E TV
- OUTROS (redes sociais e pantallas de cartelería dixital no propio centro)