Visita empresa MOTHERSON
Profesorado de Fabricación Mecánica, concretamente do Ciclo Superior de Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros (César, Alberto, Rocío, Ubaldo e o xefe do Dpto. Raúl), visitaron esta empresa adicada a inxección plástica de pezas para automoción, situada en Salceda de Caselas (Pontevedra).
O obxectivo foi a observación de procesos de inxección para a produción de pezas plásticas, e o resultado foi a obtención de información útil para considerar aquelas actualizacións que poden ser necesarias na actidade formativa dos módulos relacionados.